Tuesday 23 de April de 2024

Cruz Vermella de Ordes organiza un concurso de ideas para a súa xornada de Samaín


As propostas poderán enviarse ata o vindeiro 20 de outubro. Un ano máis o terror e personaxes fantasmagóricas apoderaranse da casa da cultura. A cita terá lugar a comezos de novembro

Un ano máis, e xa van tres, Cruz Vermella de Ordes levará a cabo unha xornada de Samaín dirixida á xente moza da comarca. A cita está posta para o vindeiro 7 de novembro na casa da cultura.

Como novidade este ano organizouse un concurso de ideas para a dita xornada. O principal obxectivo é realizar actividades a través dunha historia de medo, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 17 anos. As propostas pódense enviar ata o 20 de outubro de 2015. O fallo do xurado será publicado o día 22 nas redes sociais da Cruz Vermella de Ordes, así como nas do Concello e Mancomunidade de Ordes.

O gañador ou gañadora recibirá como premio un set aterrador de Samaín, ademais da posibilidade de participar na organización da xornada. Pódense consultar as bases do concurso, solicitándoas a través dun correo electrónico a juventudordes@cruzroja.es.